Metroscopia combina a longa experiencia do seu equipo profesional en estudios de opinión cun espírito de innovación e unha permanente curiosidade. Referente en sondaxes políticas e en estimacións electorais, Metroscopia desenvolve investigacións sobre tódolos ámbitos da vida social. O seu capital social está controlado polos seus propios profesionais, e iso garante a súa total independencia de calquera grupo económico, social ou político.

Principios

Metroscopia aspira a que o rigor intelectual, a solidez metodolóxica e a claridade expositiva sexan sinais distintivos dos seus traballos. O seu esforzo por dar a maior divulgación posible a tódolos seus datos (coa única excepción dos cubertos por unha cláusula de confidencialidade) deriva da súa concepción da investigación social como un servizo público que, ao propiciar un mellor auto-coñecemento da nosa sociedade, pode contribuír á consolidación da cultura democrática.

As enquisas e sondaxes de opinión constitúen un instrumento consolidado de análise social, con tres cuartos de século xa de historia. Afirmar, na actualidade, “non creo nas enquisas” non resulta así moi distinto de declarar “non creo nos termómetros”. As enquisas e as sondaxes, como os termómetros, non son unha cuestión de fe, senón de utilidade e eficacia. Tampouco constitúen unha arte adiviñatoria, por máis que en ocasións se tenda a darlles ese sentido. Serven nada mais —pero tamén nada menos— que para describir e medir os estados de opinión existentes na sociedade nun momento determinado, e polo tanto o seu manexo require, por parte do analista, elevadas doses de humildade e prudencia. E con humildade e prudencia é como o equipo de profesionais de Metroscopia entende e trata de practica-lo seu traballo.

Que facemos?

Estudios sociais e de opinión, en xeral. Somos especialistas nos seguintes tipos de enquisa:

  • Enquisas políticas e pre-electorais
  • Barómetros de clima social
  • Estudios de cultura política
  • Análises de confianza institucional
  • Barómetros de imaxe corporativa
  • Estudios de socioloxía do Dereito e da Xustiza
  • Barómetros de clima empresarial
  • Barómetros de imaxe cidadá sobre a vida económica e empresarial

Colaboramos regularmente desde 2008 co xornal El País, para o que facemos un barómetro de clima social de periodicidade mensual, estudios pre-electorais e sondaxes flash sobre cuestións conxunturais.

Elaboramos un balance anual de situación do clima de opinión xeral predominante na sociedade española, chamado “Pulso de España”.